Páginas

lunes, 7 de abril de 2014

Curso de técnica vocal aplicado ao canto tradicional (26 de abril de 2014)




CURSO DE TÉCNICA VOCAL APLICADA AO CANTO TRADICIONAL
(Teórico e Práctico)
Xela Conde Fernández


Destinatarios

            Todas aquelas persoas que empreguen a súa voz para o canto e queiran mellorar, correxir ou conseguir máis recursos para a fonación.

Xustificación:

            A voz é o instrumento máis difícil de todos, inda que só sexa porque non o podemos ver e iso dificulta o seu aprendizaxe e a súa corrección. Por outra banda, é o máis empregado porque tod@s o temos e polo seu uso popular. Apórtanos momentos de lecer e é unha representación da nosa personalidade, carisma e forma de comunicarnos. Pero non por empregalo de maneira habitual significa que o fagamos da maneira axeitada; é posible que poidamos sacarlle moito máis partido e posibilidades e, tamén, evitar problemas orgánicos por un mal uso.

            O noso canto implica esforzo, boa respiración, afinación, proxección e ser conscientes da nosa tesitura para poder cambiar a forma de emisión da voz. Polo seu carácter, tamén precisa de expresividade, ornamentación e a utilización diversas calidades de voz. A técnica aporta todo isto, como tamén a seguridade de poder empregar o teu instrumento con calidade a pesar das dificultades do día a día (problemas de saúde, falta de descanso, estrés …) E non por ter un repertorio lonxano, a priori, da chamada “música culta” significa que necesite menos recursos, menos traballo ou menos importancia e significación.

Obxectivos:

Aprender unha serie de recursos para correxir determinados erros de fonación e para optimizar e mellorar a nosa forma de cantar:

-          Acadar dende o principio unha boa tonificación corporal, postura e respiración para poder proceder á fonación.
-          Incorporar ao noso entrenamento os exercicios adecuados de quencemento da voz; vocalización …
-          Obter coñecementos organolóxicos sobre o noso instrumento para unha boa visualización do que ocorre mentres cantamos, tendo en conta o tipo de voz e de calidade que empreguemos.
-          Consellos sobre o coidado do noso aparello fonador.
-          Entender a importancia da desinhibición e expresividade á hora de cantar.
-          Saber aplicar os diferentes tipos e calidades de voz segundo o repertorio e tesitura.
-          Traballar a ornamentación a partir da relaxación bucofarínxea.
-          Importacia da respiración e o apoio para unha boa proxección e afinación. Aprender e interiorizar exercicios para tal fin.


Contidos:

-          Tonicidade e postura corporal.
-          A respiración e o apoio.
-          Organoloxía.
-          Vocalización e prequencemento. Preparándonos para cantar.
-          Proxección e calidades de voz.
-          Técnica e tesitura.
-          Desinhibición e expresión.
-          Ornamentación
-          Exercicións vocais grupais.



Materiais que deberán levar @s participantes:

-          Roupa cómoda
-          Esterilla ou manta.
-          Material de escritura


Temporalización e agrupamentos.

Mínimo 8 persoas, máximo 15. Serán 6 horas; 3 de mañá e 3 de tarde (traballo grupal e individual, aproximadamente 10 minutos persoa)

 Horario:

11h a 14h e de 16h a 19h

Prezos:

Socios: 30 euros
Non socios: 35 euros

Interesados anortarse no 629 585 355 / 986 253 585 ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario