Páginas

miércoles, 9 de diciembre de 2015

CHAVE MESTRA. PRESENTACIÓN, CONFERENCIA E CONCERTO: XOÁN TILVE, GAITEIRO DE CAMPAÑÓ



 O vindeiro sábado 19 de decembro, ás 11:30h, na A.C.F O Fiadeiro, con acceso libre e gratuíto, terá lugar a presentación da colección de libros Chave Mestra con especial atención ao último número sobre Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó.


A presentación contará coa presencia de Ramón Pinheiro Almuinha, director artístico d’aCentral Folque e coordinador da edición; co musicólogo Xavier Groba; e con Óscar Ibáñez, coautor do libro sobre Tilve que interpretará algún tema coa gaita orixinal de Manuel Villanueva, unha xoia organolóxica do século XIX, gaita tombal que pertenceu ao propio Xoán Tilve.

A colección Chave Mestra é unha colección rigorosa e preciosista, promovida por aCentral Folque, centrada en personaxes históricos do patrimonio musical e oral galego. Artistas que destacaron e ofreceron a súa personalidade, bon facer, e que axudaron a transmitir un coñecemento esencial do presente cultural galego. Gaiteiros, zanfonistas, violinistas, narradores, acordeonistas…

Aquí comeza unha serie de publicacións para rescatar, descubrir e divulgar, figuras indispensabeis da cultura tradicional. Libros de alta calidade con fotos inéditas, ensaio histórico e musical, transcrición e análise de partituras e CDs con gravacións orixinais e inédicas en cada unha das publicacións.



Os títulos até agora publicados son: Pazos de Merexo e o acordeón da Costa da Morte deXurxo Souto (texto) e Pedro Pascual (partituras e análise musical); Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de Monforte de Pablo Quintana; Florencio, o cego dos Vilares de Dorothé Schubart, Antón Santamarina, Ramon Pinheiro, Andras Vavrineciz, Sergio de la Ossa; Os contos de Joselín de Laura Tato; Adelino Pichel e os gaiteiros de Forcarei de Juanjo Fernández; Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó de Xavier Groba (texto), Óscar Ibáñez (análise musical e partituras).


+ info sobre ‘Xoán Tilve, Gaiteiro de Campañó’

Formato: Libro-disco
Capa dura, 138 x 196 mm, ca. 160 páxinas, 1 CD
aCentral Folque, 2015.
PVP: 20€

Filgueira Valverde era moi consciente do valor etnomusicolóxico dos fondos do Museo de Pontevedra. Para o momento do lanzamento do Cancioneiro Musical de Galicia, compilado por Casto Sampedro en 1942 só ficaba en activo o Gaiteiro de Campañó, unha figura emblemática en Pontevedra por ser o gaiteiro das Marchas de Procesión do Corpus, sobre a que escribiu de forma erudita Filgueira.

Aproveitando os novos medios técnicos disponíbeis na cidade para a gravación sonora, grazas aos estudios de Radio Pontevedra, Filgueira decide levar adiante unha gravación documental insólita e de grande valor etnomusicolóxico e cultural: a Marcha do Corpus tocada polo gaiteiro de Campañó no seu contexto e comentada ao vivo por el mesmo. Faino en 1947, rexistrando por primeira vez unha alocución propia nun rexistro sonoro. Dous anos depois morría o Gaiteiro de Campañó.

No ano 1999 Ramon Pinheiro, actual director de aCentral Folque, realiza un inventario dos rexistros fonográficos do Museo de Pontevedra, e promove a dixitalización do acetato de Filgueira e o Gaiteiro de Campañó, seriamente deterioriado polo paso do tempo. Ao Museo transládase a unidade móbil da Radio Galega e o enxeñeiro de son Pablo Barreiro realiza a primeira dixitalización desta xoia do patrimonio sonoro de Galiza. En total falamos de dúas alocucións de Filgueira Valverde e catro temas interpretados polo Gaiteiro de Campañó.

aCentral Folque encargoulle a investigación e texto para a publicación ao músico e investigador Óscar Ibáñez cun estudo biográfico sobre Xoán Tilve e ao musicólogo Xavier Groba que realiza unha interesante análise sobre o contexto, fondos e o legado de Casto Sampedro no Museo de Pontevedra e de Filgueira Valverde.

A análise musical e edición de partituras que acompañan o libro son a cargo de Óscar Ibáñez.

O disco, que se publicaría conxuntamente co libro, incluiría a dixitalización íntegra das gravacións históricas, no que sería a súa primeira edición, e se gravaría especialmente para esta publicación novos temas dunha selección de repertorio histórico do Gaiteiro de Campañó, tocado co seu instrumento orixinal, por Óscar Ibáñez, acompañado por Cristian Silva no bombo e Andrés Vilán coma redobrante que gravaron con Pablo Barreiro nos estudos da Radio Galega no verán de 2015 este magnífico disco que agora vé a luz.

jueves, 3 de diciembre de 2015

Obradoiro: O Baile Tradicional aplicado ás Artes Escénicas (Só para alumn@s da escola de baile da asociación)


Data:

SÁBADO 12 de Decembro de 11:00 a 13.00

O obradoiro de Baile tradicional aplicado ás artes ecénicas ten como obxectivo formar ao alumnado da propia Escola de O Fiadeiro, que xa ten unha base técnica dentro do baile tradicional naqueles aspectos que teñen que ver coa posta en escena de puntos tradicionais de recollida de diferentes ritmos ou xéneros. Os contidos programados do curso atenden a diferentes aspectos:



- Técnica e postura corporal.



- Interpretación e expresión do feito musical a través do baile.


- A unidade e uniformidade estilística nun colectivo de baile.

- Pautas para a confección dunha coreografía baseada en puntos tradicionais.

- A comunicación xestual entre bailaríns e a interacción co público.

Lugar do curso: Colexio Lope de Vega

Prezo Soci@s: Gratuíto

Prazas limitadas

É necesario ter nocións básicas de baile e ser soci@ de O Fiadeiro

Mestre: Miguel Souto



Para anotarse chamade ó 629 585 355 ou no correo electrónico a ofiadeiro@ofiadeiro.com

miércoles, 2 de diciembre de 2015

ACTUACIÓN GRUPOS DE MÚSICA e PANDEIRETA DA ESCOLA (Venres 11 de Decembro de 2015)

Os nos@s alumn@s de escola de música e pandeireta amenizarán a rúa do Calvario durante a tarde do venres 11 de decembro.

Hora: 18.00 A 20.00
Lugar: Peonil Calvario

Obradoiro Os bailes de Silvela (5, 6 e 8 de decembro de 2015)


Días do curso:

SÁBADO 5 de Decembro de 16.00 a 20.00
DOMINGO 6 de Decembro de 10.00 a 14.00
MARTES 8 de Decembro de 10.00 a 12.00

O obxectivo principal deste obradoiro será a aprendizaxe dunha muiñeira e dunha xota, ámbolos dous bailes recollidos no municipio de Silvela, pertencente ao concello de As Nogais, situado no medio das montañas orientais da provincia de Lugo. Tanto a recollida de estes bailes como a coreografía do baile é do arquivo etnográfico de A.C.F O Fiadeiro.
O obradoiro terá un carácter totalmente práctico, centrado en adquirir coñecementos sobre as particularidades coreográficas e as formas musicais propias deste concello. Para o desenvolvemento do mesmo os participantes deben ter nocións básicas de baile tradicional galego.

Lugar do curso: Colexio Lope de Vega

Prezo non soci@s: 50,00 euros
Prezo Soci@s: 42,00 euros

Prazas limitadas

É necesario ter nocións básicas de baile

Mestra: Noemí Rodríguez

Para anotarse chamade ó 629 585 355 ou no correo electrónico a ofiadeiro@ofiadeiro.com

jueves, 12 de noviembre de 2015

Obradoiro: A Percusión Miúda


O OBRADOIRO

O obradoiro de percusión miúda ten como obxectivo introducir aos alumnos nestes instrumentos, ás veces esquecidos nas aulas de percusión tradicional.

Os contidos programados están estruturados en tres bloques:

- Organoloxía e os instrumentos de percusion miúda.
- Rudimentos técnicos
- Patróns rítmicos

O obradoiro terá unha orientación principalmente práctica, centrado en adquirir as bases necesarias para poder tocar  con eles e dominar aqueles patróns rímticos estándar máis utilizados na música galega.

Non é imprescindible dispoñer de instrumentos propios e se proporcionará material didáctico ao alumnado.

ANXO PARDO

Estudou percusión na Etrad de Vigo e asistiu a diversos cursos con mestres comon Xaquín Xesteira ou Xosé Lois Romero Cajigal.

Na actualidade forma parte de Orquestra Folk Sondeseu e do grupo Malvela cos que ten gravados diversos discos. Tamén ten colaborado noutras gravacións como “Na flor dos meus anos” (Sra. Carmen), Lulavai, Meniños cantores, “De pano sedán”, “Cantos no camiño” e "Rosalía Pequeniña".

domingo, 4 de octubre de 2015

Autobiografía de Jordi Savall

As primeiras lembranzas musicais de Jordi Savall remóntanse á súa infancia, ao amor da súa nai transmitido nas cancións de berce. Aprendeu a cantar no coro da escola, pero foi ao escoitar o Réquiem de Mozart cando decidiu dedicarse á música. Cos aforros do seu traballo nunha fábrica de tecidos comprou o seu primeiro violoncelo, co que se iniciou de maneira autodidacta. Foi o descubrimento das partituras antigas de M. MaraisF. CouperinA. Forqueray, etc., o que lle fixo cambiar o violoncelo pola viola da gamba. Xunto coa súa esposa Montserrat Figueras, fallecida no 2011, dedicou a súa carrera profesional a rescatar e actualizar a música antigua, co obxecto de reivindicar a súa modernidade.

jueves, 17 de septiembre de 2015

NOVA ACTIVIDADE! Aulas de Música Antiga

    
O Curso de Música Antiga nace coa vocación firme de constituirse en centro de ensino da música anterior a 1800 e dos instrumentos cuxo espazo natural é ese período. É evidente que, á partida, dous instrumentos polarizan esta iniciativa: gaita de fole e sanfona. Dous instrumentos con presenza evidente na Galiza, até o ponto de un deles ser, sen dúbida, o instrumento nacional. Dous instrumentos cuxa historia na música erudita até s.XVIII é inquestionábel, cuxo repertorio neses ambientes é inxente. Tan inquestionábel unha e tan inxente outro como, ainda, pouco atendido. Con este Curso de Música Antiga, que comezamos este ano con Traverso Barroco somado a Gaita e Sanfona, preténdese unha formación integral da persoa no seu instrumento. Estruturado en seis anos, o plano curricular non é pretensioso como para dicir que procura unha formación total. Tal cousa é imposíbel por causa de demasiadas variábeis, entre elas o perfil do alunado é apenas unha. Mais si procura unha formación, como diciamos, integral. Unha formación das estudantes que integre o instrumento nas súas distintas épocas na música erudita, a súa técnica em función do repertório, a interpretación con criterios historicamente informados, a expansión da súa técnica e da súa concepción para os reptos do futuro. Para isto, o plano curricular complementa o instrumento principal cunha serie de disciplinas teórico-práticas, de frecuencia obrigada conforme avanzaren os anos de estudo.

Máis información en ofiadeiro@ofiadeiro.com ou nos teléfonos 629 585 355 / 986 253 585.




sábado, 5 de septiembre de 2015

NOVA ACTIVIDADE! Espazo Activo para Maiores



ESPAZO  ACTIVO PARA MAIORES

É de vital importancia facerse maior de forma activa e saudable co fin de mellorar a calidade de vida, ampliando as relacións sociais e evitando o sedentarismo.

En O Fiadeiro poderás atopar un espazo onde se impartirán obradoiros heteroxéneos e dinámicos co obxectivo principal de  potenciar as habilidades, capacidades e a creatividade a través da diversión e da participación activa dos usuarios.

Os grupos estarán formados por un mínimo de 5 usuarios e un máximo de 10.

Cada semana unha experiencia. Mércores de 10.30 a 11.30 horas.

Actividades:

Musicoterapia: persegue potenciar ou manter o bo funcionamento físico, emocional, intelectual e social coa  evocación de lembranzas canalizadas a través da música, compartir experiencias persoais e fomentar as relacións interpersoais. Realizaranse concursos/xogos por grupos, karaoke, manexo de instrumentos.

Xogos e exercicios para potenciar a memoria e a psicomotricidade.

Obradoiros de expresión artística e  creación de obxectos a través da reciclaxe de diversos materiais. O obxectivo principal é traballar a creatividade e a expresión a través de exercicios de modelado, pintura, collage…

Obradoiros de risa: a finalidade destes monográficos será relaxarse e paliar o estrés, desinhibirse e desbloquearse emocionalmente, entrar en contacto co neno interior e liberalo, conectar coa nosa capacidade para desfrutar da vida e experimentar e potenciar emocións positivas como a alegría e a diversión, todo a través de distintas dinámicas que propician a risa fomentando un clima grupal positivo.

Técnicas de relaxación: os obxectivos perseguidos son axudar a manter a saúde, mellorar os sistemas respiratorio e circulatorio, reforzar a autoestima, activar os sentidos, mellorar a capacidade de concentración e recuperar a sensación de tranquilidade. Levaranse a cabo utilizando exercicios de conciencia corporal e técnicas de respiración.

Máis información en ofiadeiro@ofiadeiro.com ou nos teléfonos 629 585 355 / 986 253 585


XIV Xornadas de Portas Abertas




Comezamos o novo curso e que mellor que celebrándoo na rúa e na nosa sede para que veñades a compartir unha xornada con nos e participedes das nosas actividades.


De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 Exposición de traxes e instrumentos (dentro do noso local)


De 12.00 a 14.00 Pasarrúas dos diferentes grupos musicais da escola polo Calvario.



De 18.00 a 20.00 No escenario que haberá fora do noso local se farán concertos e animacións das distintas actividades da nosa escola



Ven a coñecernos e participa!!



E non olvidedes anotarvos xa ó novo curso que comezará o 1 de outubro

Máis información en ofiadeiro@ofiadeiro.com ou nos teléfonos 629 585 355 / 986 253 585

Actividades para o curso 2015 - 2016


Prazos de inscrición


- Para alumnos da Escola: do 1 de setembro ao 18 de setembro
- Para novos alumnos: do 1 de setembro ao 25 de setembro


Máis información no 629 585 355 / 986 253 585 – ofiadeiro@ofiadeiro.com

jueves, 18 de junio de 2015

Obradoiros para maiores


¿Queres desfrutar dun verán diferente?

Achégate a coñecer o noso espazo activo en O Fiadeiro.

Faite maior de forma activa e saudable.

Participa nos nosos obradoiros impartidos por persoal especializado.

Desenvolve e potencia as túas habilidades, capacidades e creatividade.

Mellora a túa calidade de vida.

Amplía as túas redes sociais.

Evita o sedentarismo e a inactividade.



viernes, 15 de mayo de 2015

Campamento verán O Fiadeiro (1 de Xullo de 2015)



CAMPAMENTO DE VERÁN O FIADEIRO (Mes Xullo)

Mínimo: 15 nenos por grupo
Nenos de 3 a 6 anos e de 7 a 12 anos
Prazo de inscrición: dende o 20 de maio ó 15 de xuño
Coste preinscrición: 50,00 euros

Prezo campamento:
-         Por semana 70,00 euros/neno
-         Por quincena 110,00 euros/neno
-         Por mes 160,00 euros/neno

Servizos a maiores:
-         Aula matinal (10, 20 ou 40 euros dependendo do período que se quede)
-         Aula Mediodía (10, 20 ou 40 euros dependendo do período que se quede)

Desconto dun 10% no segundo fillo ou sucesivos
Terán preferencia os socios de O Fiadeiro

Todos os talleres xiran en torno ao tempo libre e ao folclore galego,  intercalándoos con xogos de ocio:

-Probas do bo "campamentista": gran xogo das probas
-Gymkana do folclore galego
-Taller do reciclado: "xabón e carteiras leiteiras"
-Gymkana das profesións galegas 
-Gymkana da auga
-Gymkana ecolóxica
-O baile e o canto
-Xogos de cooperación
-Gymkana dos granxeiros
-Xardín urbano: limpeza e plantado
-Saída en busca da carta de "ALBUS": xogo de pistas visuais
-Gymkana do arco da vella: pinta, énchete de cores
- Escola de magos
-Cociñeiro, cociñeiro
-Circuíto da psicomotricidade chistosa: probas de habilidade
-Gymkana de cubos e de area


E moitas máis...


Mais información no 629 585 355 / 986 253 585 – ofiadeiro@ofiadeiro.com

Participación d@s alumn@s de baile no concurso da Asociación Xacarandaina (21 de xuño de 2015)


Os Carrapucheiros, alumn@s da escola de O Fiadeiro participarán este domingo neste concurso de baile tradicional organizado pola Asociación Xacarandaina

Día: 21/06/15 (domingo)
Hora: 11.00
Lugar: Centro sociocultural Ágora (Ágora s/n) A Coruña

Entradas para o XXXV Concurso de Baile á venda

- Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 h. e de 16.30 a 19.30 h. (pago en efectivo).
- Despacho de billetes do Centro Sociocultural A Fundación: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h. (pago en efectivo ou con tarxeta).
- Televenda: 902 504 500, de luns a sábado de 8.00 a 22.00 h. e www.ataquilla.com (pago con tarxeta).
- Despacho de billetes do Ágora: o mesmo día, desde unha hora antes (pago en efectivo).
- Teletaquilla: Ataquilla.com

Curso de iniciación á gravación (20 de xuño de 2015)



Rubén Troitiño García

Titulado Superior na especialidade de Son pola Escola de Imaxe e Son de Vigo no 2009. A súa formación complementouse con Suso Ramallo e Pablo Barreiro entre outros.
Email: rubentroitino@gmail.com

COÑECEMENTO DOS ELEMENTOS BÁSICOS PARA A CREACIÓN DUN HOME STUDIO

Ø  Ordenador
Ø  Tarxeta de son
o   Tarxetas externas con entradas de micrófono e liña
Ø  Software de audio profesional
o   Uso do Pro Tools. A empresa Digidesing, que desenvolve o programa Pro Tools, elabora algúns dos mellores softwares de audio do mercado, polo que a súa calidade e sólida fiabilidade son amplamente recoñecidos. Isto levou a este potente software de produción musical e postprodución audiovisual a converterse nun dos referentes desta industria.
Ø  Controladores e periféricos
o   Teclados MIDI e controladoras
Ø  Monitores  de estudio
o   Diferenzas entre monitores de estudio e altofalantes convencionais
Ø  Captación de son
o   Coñecementos básicos de tipos de microfonía que un se pode atopar á hora de facer unha gravación, ademais de ver as distintas tomas microfónicas para unha captación óptima

PRÁCTICA

Este curso vai dedicado a toda a xente interesada en iniciarse no mundo da gravación. Ademais de dar a coñecer a configuración dun home studio e o uso básico do programa de audio, unha das propostas que se fai é que todo aquel que estea apuntado e sexa músico se lle mostrará como microfonear o seu instrumento e cómo gravalo.

INSCRICIÓN

Prezo socios:  30€    Prezo non socios: 35€    
  
Data límite e lugar de inscrición e realización do curso: Mércores 17 de xuño.

ACF O Fiadeiro (Rúa Xesús Fernández, nº 3, Baixo)

Preinscrición: no 629 585 355 / 986 253 585


miércoles, 6 de mayo de 2015

Participación dos alumnos de pandeireta "Ferriñas Bravas" de O Fiadeiro no III Concurso de canto e percusión tradicional Traspés (10 de maio de 2015)



Os nosos alumnos de pandeireta "Ferriñas Bravas" de O Fiadeiro participarán no III Concurso de canto e percusión tradicional Traspés

Día: 10 de maio de 2015

Hora: 11.00h

Lugar: Auditorio do Teatro Afundación Vigo

Prezo entrada: 3.00 euros (o propio día na taquilla dende 1hora antes)

 

HACIA EL BALLET GALLEGO

Ligazón:


Descrición:

En 1924, Bal y Gay edita en Ronsel este ensaio, o cal supón o seu lanzamento á vida literaria profesional. En Hacia el ballet gallego Bal expón cales son os "elementos naturais" en Galicia nos que podería basearse o artista interesado na creación de obras inspiradas no folclore; así como as que considera enfermidades estéticas dos "Coros galegos"do momento  e súa falta de profesionalismo; e as posibilidades cara o futuro. En palabras do autor, "este ensayo, que va dedicado a los lectores capaces de comprender e imaginar por cuenta propia, no pretende ser más que la ganzúa que violentando herméticas ventanas facilite un dilatado panorama secularmente virgen.

miércoles, 22 de abril de 2015

O ADUFE. CONTEXTO HISTÓRICO E MUSICOLÓXICO

Ligazón:

O adufe. Contexto histórico e musicolóxico

Descrición:

O adufe é un bimembranófono de forma cadrada, asociado ás tradicións folclóricas da zona interior fronteiriza de Portugal, sobre todo Beira Baixa, onde hoxe, en Idanha-a-Nova atopou o estatuto de símbolo do Municipio.

As súas orixes pérdense no tempo habendo representacións de posibles exemplares na Antiguidade pre-Clásica na Mesopotamia, ata chegar á Península Ibérica, posiblemente, no inicio da Idade Media, asumindo ser un instrumento de uso erudito, pero sobre todo popular, feminino e transversal a dominios políticos ou relixiosos. Os procesos culturais aos que a rexión interior de Portugal, estivo suxeita, fixeron que se dese unha cristalización dalgunhas tradicións medievais no interior do país, onde se insire o uso do adufe, compartindo coa veciña España a mancha de distribución raiana, sumándose as rexións de Galicia, Asturias e Cataluña. A presente disertación pretende contextualizar estes procesos segundo un punto de vista Ibérico abordando áreas como a Historia política-social, Etnomusicoloxía, Etnoloxía, Musicoloxía e Xeografía.

lunes, 6 de abril de 2015

FESTA DOS MAIOS EN GALICIA

Ligazón:

Festa dos Maios en Galicia

Descrición:

Todos os pobos sentiron ao longo da súa historia grande admiración polo renacer cíclico do mundo vexetal, así como polo final do inverno e o comezo do verán, do bo tempo, de cando frutifican a maioría das plantas. Neste aspecto, como noutros moitos, Galicia non foi un caso illado. 

E dunha delas, quizais a máis fermosa, pois conta como principais protagonistas aos nenos e ás flores, é da que falaremos seguidamente, aínda que antes fagamos un pequeno resumo de todas elas, tanto das que aínda se fan, coma daquelas que xa non son máis que un vago recordo.

martes, 31 de marzo de 2015

A ZANFONA E OS CANTOS DE CEGO NA MÚSICA TRADICIONAL

Ligazón:

A zanfona e os cantos de cego na música tradicional

Descrición:

Conferencia de Pablo Quintana na " I Xornada sobre Música Tradicional: A zanfona na música galega". Organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega. Xullo 2013.

miércoles, 25 de marzo de 2015

A GAITA NA IDADE MEDIA: ACHEGAS PARA A SÚA RECONSTRUCIÓN SONORA

Ligazón:


Descrición:

Artigo de Norberto Pablo Cirio, publicado na Revista de Folklore. Tomo 19b. Núm. 227, 1999, no que se expón unha relación de diferentes fontes documentais e unha reflexión sobre  a reconstrución sonora da gaita da Idade Media. O obxectivo do traballo é aplicar o modelo de estudo de Dale Olsen á gaita medieval co fin de iluminar algúns aspectos da mesma: denominación, partes constituíntes, modo de execución, volumen, timbre, repertorio e ubicación na dinámica músico-social da época.