Páginas

miércoles, 25 de febrero de 2015

A DANZA CLÁSICA E A FOLCLÓRICA


Ligazón:

O Ballet Rey de Viana


Ligazón:

Antonio Gades, a ética da danza



Descrición:

Académica ou clásica e popular, tradicional ou folclórica, son categorías habitualmente utilizadas para referirse á danza. En ocasións esta dicotomía aparece difuminada naquelas expresións nas que existen influencias recíprocas entre ambos mundos.

miércoles, 18 de febrero de 2015

OS MECANISMOS DO FOLCLORE (Ramón Barce. Conferencia)

Ligazón:

Os mecanismos do folclore

Contidos:


Un dos campos propios da Socioloxía da Música é o estudo do folclore. Non, por suposto, a recollida, clasificación e valoración das cancións e danzas; pero si o que se refire á esencia do feito folclórico. A pregunta básica ¿qué é o folclore musical? non pode ser contestada desde o terreo da Musicoloxía nin desde o da Historia da Música, senón desde o da Socioloxía.
Ante todo, ¿a qué chamamos, en xeral, “feito folclórico”? É quizais unha desas preguntas que se eluden por parecer obvias, por conter unha resposta evidente e de todos sabida, pero en realidade non é así. Hai quen pensa que folclore é toda actividade cultural tradicional; para outros, é todo feito humano, cultural ou non, arraigado na tradición.
No Congreso de Folklore de São Paulo, en 1954, o gran investigador Fernando Ortiz, á vista da intricada problemática alí exposta, declarou: “Levo estudando máis de medio século unha cousa que parece que non se sabe ben o que é”.
Para Saintyves, o folclore é “a vida popular dentro da vida civilizada” (entendendo por “civilizada”, desde logo, simplemente máis industrializada e tecnoloxizada). Evidentemente, todos os estudos folclóricos tenden a dirixirse cara un material que de algunha maneira considérase “residual” de outra cultura anterior e máis primitiva inserida no “noso mundo moderno”.
Paulo de Carvalho Neto intentou unha delimitación do feito folclórico que resume ben esas tendencias clásicas. Para el, os trazos tipificadores do folclore son: a) que se trate dun material anónimo; b) non institucionalizado (estes dous trazos os considera específicos ou básicos); c) que sexa antigo; d) que sexa funcional; e e) que sexa prelóxico, primario.
O máis superficial comentario a estes trazos descubre enseguida a súa fraxilidade, a súa ambigüedade e a súa dependencia dos criterios románticos dos irmáns Grimm e de Arnim Brentano, que a comezos do século XIX iniciaron estes estudos coa recollida de contos e poemas populares.
O anonimato non debemos entendelo á maneira de Herder como “creación directa do pobo”, senón como creación persoal, individual, pero que toma os seus materiais de algo preexistente e popular e o autor termina por subsumirse –como proceso– no anonimato.
Tamén a non institucionalización presenta problemas: é evidente que unha parte moi importante do folclore fabrícase en entidades expresamente creadas para tal fin, e cuxo produto non podemos rexeitar só porque se faga con outros medios é se faga aquí e agora. Tamén neste trazo se rastrea a idea romántica e non moi precisa dunha actividade “espontánea, libre e gratuíta”.
As condicións que chama Carvalho Neto eventuais son igualmente cuestionables, especialmente a antigüidade. ¿Qué é, propiamente, “o antigo”? ¿Podería taxarse, como chegaron a facer algúns folcloristas, en cincuenta anos, é dicir, que un feito se consideraría “folclórico” se se mantiña ao menos cincuenta anos?
¿Qué dicir tamén do concepto “funcional”? Desde logo non cabe dúbida de que os feitos que chamamos folclóricos (residuais) foron nun tempo non residuais, senón absolutamente vivos e funcionais: tiñan unha aplicación práctica eficiente.
Pero precisamente agora, ao converterse en restos desfasados nunha civilización máis industrializada, perden comparativamente a súa funcionalidade, pois hai outros obxectos ou actividades máis funcionais.

Dentro do mesmo carril de razoamentos está o concepto de “prelóxico, primario”. A idea, neste caso, é que o feito folclórico procede dunha mentalidade infantil, non científica. Pero, propiamente, o funcional non é nunca prelóxico, xa que cumpre correctamente o seu cometido; outra cousa é que unha suba de nivel de análise deixe obsoletos uns sistemas e os substitúa por outros máis eficaces, pero igualmente susceptibles de ser mellorados. 

Descrición:

O compositor e crítico musical Ramón Barce impartiu na Fundación Juan March, entre o 26 de novembro e o 5 de decembro de 1991, un curso titulado «Socioloxía da música». O martes 26 falou de «O que a música di e o que non di»; o xoves 28, de «Os mecanismos del folclore»; o martes 3 de decembro, de «O espellismo da historia»; e o xoves 5, de «Política e música».

miércoles, 11 de febrero de 2015

CANCIONEIRO POPULAR GALEGO


Ligazón:

Cancioneiro Popular Galego



Descrición:

Desde hai 3 anos a Fundación Barrié comparte en liña os 7 tomos desta magnífica colección elaborada por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, unha das máis importantes existentes en canto a música galega de tradición oral. 



Ligazón:

Cancioneiro Popular Galego en Ben Falado


Descrición:

Ben falado! é un microespazo de catro minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico Xesús Ferro Ruibal, e que promove e financia a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Neste caso faise alusión ao cancioneiro non só como un tesouro puramente musical senón tamén polo seu valor lingüístico.


Ligazón:

Conferencia de Dorothé Schubart e Antón Santamarina na Universidade de Vigo


Descrición:

Conferencia na que Dorothé Schubarth e Antón Santamarina lembran os cinco anos de intenso traballo de recollida e clasificación de cantigas tradicionais galegas, coplas e romances en Galicia. Un labor que se materializou no Cancioneiro Popular Galego, un sólido referente para os actuais traballos de investigación e recollida relacionados co canto.


miércoles, 4 de febrero de 2015

HISTORIA E EVOLUCIÓN DA DANZA EN GALICIA

Ligazón:


Contidos:

Clasificación, referencias e documentación relativa á danza.

Descrición:

Relatorios do Encontro O Feito Diferencial Galego na Música, celebrado na sé do Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela os dias 15-18 de decembro do 1997.