Páginas

jueves, 17 de septiembre de 2015

NOVA ACTIVIDADE! Aulas de Música Antiga

    
O Curso de Música Antiga nace coa vocación firme de constituirse en centro de ensino da música anterior a 1800 e dos instrumentos cuxo espazo natural é ese período. É evidente que, á partida, dous instrumentos polarizan esta iniciativa: gaita de fole e sanfona. Dous instrumentos con presenza evidente na Galiza, até o ponto de un deles ser, sen dúbida, o instrumento nacional. Dous instrumentos cuxa historia na música erudita até s.XVIII é inquestionábel, cuxo repertorio neses ambientes é inxente. Tan inquestionábel unha e tan inxente outro como, ainda, pouco atendido. Con este Curso de Música Antiga, que comezamos este ano con Traverso Barroco somado a Gaita e Sanfona, preténdese unha formación integral da persoa no seu instrumento. Estruturado en seis anos, o plano curricular non é pretensioso como para dicir que procura unha formación total. Tal cousa é imposíbel por causa de demasiadas variábeis, entre elas o perfil do alunado é apenas unha. Mais si procura unha formación, como diciamos, integral. Unha formación das estudantes que integre o instrumento nas súas distintas épocas na música erudita, a súa técnica em función do repertório, a interpretación con criterios historicamente informados, a expansión da súa técnica e da súa concepción para os reptos do futuro. Para isto, o plano curricular complementa o instrumento principal cunha serie de disciplinas teórico-práticas, de frecuencia obrigada conforme avanzaren os anos de estudo.

Máis información en ofiadeiro@ofiadeiro.com ou nos teléfonos 629 585 355 / 986 253 585.




No hay comentarios:

Publicar un comentario